Érica Currás
martes, 10 de decembro de 2019
12. Natureza!
Nesta imaxe vemos unha paisaxe que podes ver dende a Punta do Fuciño do Porco, en Viveiro.
Fixen esta fotografía para reflexar as maravillosas vistas que nos proporciona a propia natureza.
As cores que apreciamos son frías xa que destacan as cores verdes das árbores e as azuis do mar e do ceo cuberto. Empreguei unha angulación horizontal cun plano xeral, collendo gran parte da paisaxe.
11. Elemento repetido!
Nesta imaxe vemos unha fotografía da árbore de nadal que se encontra na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Como se pode apreciar, esta árbore está composta de repetidas luces de cor amarela. Intentei que se apreciara o mellor posible cada fila de luces que forma a árbore de nadal. Esta fotografía está feita dende un plano nadir por iso non se aprecia a forma da árbore pero si as filas de luces que a forman dende a parte interna da árbore. Empreguei a lei de terzos colocando a luz máis dura da árbore, que corresponde a estrela superior, xusto no punto de corte dun terzo.
10. Liñas!
Elexín como elemento principal a liña e centreime na ventá para aproveitar a luz que a atravesa. Nesta imaxe só podemos ver cores brancas e negras, coa presencia dalgunha sombra ao outro lado da ventá. Empreguei un plano de detalle para destacar máis as liñas.
9. Contraste de complementarios!
Nesta imaxe vemos o céspede verde cuberto de follas de distintas tonalidades. Saqueina porque as cores vermellas e granates contrastan coas amarelas e marróns claras, así como co verde do céspede. Ademáis destaca a textura tanto do céspede como das distintas follas de outono. Empreguei un primeiro plano xa que saquei só unha pequna porción do céspede para centrar máis a atención sobre as distintas follas.
8. Gama armónica de colores!
Nesta imaxe vemos un fotografía na que o primeiro plano corresponde ás follas dunha árbore e no fondo unha paisaxe secundaria. En esta fotografía intentei que saíra unha ampla gama de cores frías. A máis destacada é a cor verde xa que abarca gran parte da foto coas follas da árbore con varias tonalidades de verde e co céspede do fondo. Tamén vemos a cor azul clara do ceo na parte superior do fondo. Empreguei unha angulación vertical cun primeiro plano da árbore e deixei desenfocado o fondo para non quitarlle protagonismo á árbore.
sábado, 7 de decembro de 2019
7. Movemento!
Nesta imaxe vemos a un xogador de fútbol a punto de golpear o balón. Intentei conxelar a imaxe xusto no momento anterior a que golpeara o balón, por iso aparece cunha pequena inclinación e nunha posición que reflexa o movemento que estaba a facer. Empreguei unha angulación horizontal cun plano xeral, no que o centro de atención está no xogador que posee o balón, pero tamén vemos unha gran parte do terreo de xogo e a outros compañeiros e adversarios.
6. Texturas marcadas polas sombras!
Nesta imaxe vemos varios leños. As cores son oscuras e o que máis resalta na fotografía é a textura da leña, recalcada coas sombras correspondentes a unha luz artificial. Empreguei unha angulación vertical cun plano de detalle para resaltar unicamente a leña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)